https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/ 🇦🇺🇨🇦🇯🇵🇬🇧🇨🇳🇪🇸🇩🇪🇮🇹 A Escola Oficial de Idiomas de Vigo é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE). Actualmente impártense na EOI de Vigo nove linguas: alemán, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.
Tamén se ofrecen cursos monográficos especializados de formación de profesorado ou de preparación para os exames CELGA e Linguaxe Administrativa media e superior.
Damos servizo a máis de 6.000 alumnos/as matriculados/as e contamos con máis de 100 profesoras e profesores repartidos entre a sede central (Vigo, Av. Martínez Garrido 17) e as súas seis seccións: Cangas, Coia, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui